martes, 9 de febrero de 2010

No Bikepark de Manzaneda





Nunha das montañas mais altas da Galiza foise Castro cuns colegas a disfrutar dun finde de aventuras.
Ali nos fomos cas bicis, e cos animos polas nubes a disfrutar de grandes baixadas, onde nos atopariamos con grandes pedras, rochas, lama, rampas de madeira, cortados, curvas peraltadas,etc...
Este bikepark conta cun telesilla que te sube a uns 2000 metros de altura, a ti maila tua bici, ten coidado que non che caiga, porque non podes parar para recollela.
Ali estivemos disfrutando coma nenos, baixando unha e outra vez por distinto recorridos de diversa dificultade, recordar un "Cabra Calavera".
Foi unha experiencia moi divertida que espero repetir pronto, deixovos unhas imaxes e un video dun Castro novato no BikePark de manzaneda aprendendo deste deporte do descenso ou freeride.

jueves, 21 de enero de 2010

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

Por que rexeitamos este decretazo??

1. Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas linguísticas tamén en galego.

2. Porque é unha proposta feita de costas a sociedade galega.

3. Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.

4. Porque a xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.

5. Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos linguísticos.

6. Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.

miércoles, 20 de enero de 2010

O meu Soño...


A continuación preséntovos a un dos meus soños por cumprir, A "Specialized Demo 8" unha bicicleta de descenso, que competiu en todas as probas da copa do mundo desta disciplina, comandada por un dos meus grandes heroes "Sam Hill".

O meu soño serie conseguir unha destas maquinas para facerlle a competencia a Hill e invitalo a descender polos montes de Galiza.
Darlle as Grazas a CigRede pola axuda da creación de este blog.

martes, 19 de enero de 2010

Como empezar o meu Blog...

Teño unha historia que contar e non teño como empezar. Os recordos agolpanseme na cabeza, quero facer que saian e me iluminen como a un poeta inspirado.
Unha espesa neboa de elefantes rosas e cocodrilos camiñantes difuminan todo canto recordo convertendoo en meras alucinacións surrealistas.
Sentome, levantome, tomo un anaco de chocolate, volvome sentar, miro a pantalla do ordenador, onde non vexo mais que un deprimente cadrado blanco onde teño q contar algo. Necesito onde aferrarme, necesito sacar o polvo das miñas neuronas oxidadas do meu cerebro e encender o motor que move as miñas mans no teclado do ordenador.
As dudas me corroen e non atopo a ningunha musa que me inspire, mais que as ociosas musarañas que habitan na miña cabeza.
¡Mal raio me parta!! Xa sei a razón de me cranear, da miña paranoia e das miñas alucinacions, atopei a miña musa e a miña perdición, delirium tremens e o seu nome e así e como todo empeza.