Teño unha historia que contar e non teño como empezar. Os recordos agolpanseme na cabeza, quero facer que saian e me iluminen como a un poeta inspirado.
Unha espesa neboa de elefantes rosas e cocodrilos camiñantes difuminan todo canto recordo convertendoo en meras alucinacións surrealistas.
Sentome, levantome, tomo un anaco de chocolate, volvome sentar, miro a pantalla do ordenador, onde non vexo mais que un deprimente cadrado blanco onde teño q contar algo. Necesito onde aferrarme, necesito sacar o polvo das miñas neuronas oxidadas do meu cerebro e encender o motor que move as miñas mans no teclado do ordenador.
As dudas me corroen e non atopo a ningunha musa que me inspire, mais que as ociosas musarañas que habitan na miña cabeza.
¡Mal raio me parta!! Xa sei a razón de me cranear, da miña paranoia e das miñas alucinacions, atopei a miña musa e a miña perdición, delirium tremens e o seu nome e así e como todo empeza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario