jueves, 21 de enero de 2010

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

Por que rexeitamos este decretazo??

1. Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas linguísticas tamén en galego.

2. Porque é unha proposta feita de costas a sociedade galega.

3. Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.

4. Porque a xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.

5. Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos linguísticos.

6. Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario